|
BENQUERIDOS AMIGOS E COMPAÑEIROS INTERNISTAS:
O XXIV Congreso da Sociedade Galega de Medicina Interna vaise celebrar en Ourense os dias 8 e 9 de xuño, no Auditorio Municipal. Os internistas ourensáns estamos a elaborar un programa científico que esperamos que sexa de voso interés ; tamén desexamos facervos unha boa acollida para disfrutar desta xuntanza. Neste avance informámosvos dos principais temas científicos que se van tratar. As mesas redondas versarán sobre: - "Posta ao día en Factores de risco vascular"Asimismo haberá duas sesións de comunicacións orais ,de tema libre ou relacionado cos temas a tratar nas mesas , e unha Conferencia Maxistral. A SOGAMI quere impulsar os grupos de estudo formados hai un ano e o comité organizador deste congreso convidou a dous deles,"Factores de risco vascular" e " Alcol" para estableceren cadansúa mesa redonda. Neste congreso tamén se constituirá,con carácter formal e aberto a todos, o grupo de "Enfermidades infecciosas". Na cerimonia de clausura faráse a entrega dos premios e axudas da SOGAMI así como os premios ás mellores comunicacións seleccionadas polo comité científico. As inscricións fáranse unicamente na Secretaria do Congreso; é indispensable que a inscrición se acompañe do xustificante de ingreso. Animámosvos a presentar os vosos traballos científicos a este Congreso a través da web da Sociedade Galega de Medicina Interna : meiga.info. Desexamos recibirvos en Ourense, cidade de fonda raigame histórica,que conxuga tradición e modernidade. Situada á beira do "pai Miño",rio que non separa senon que une aos galegos como dan fé as pontes que se foron tendendo ao longo dos séculos, dende a Ponte romana máis antiga á Ponte do milenio de nova e controvertida arquitectura,magnifico miradoiro ao que vos recomendamos asomar. Estamos a preparar esta reunión con ilusión para podermos ter uns dias de proveito e darvos unha acollida axeitada que nos permita a todos gozar desta xuntanza. No nome dos comités organizador e científico, unha aperta . Ricardo Fernández Rodríguez Presidente do Comité Organizador |