25 Aniversario da Sociedade Galega de Medicina Interna 25 Aniversario da Sociedade Galega de Medicina Interna 
Medicina Interna Sogami Galicia Clínica. Revista Oficial da SOGAMI


O 25 de xuño de 1983 os 23 socios fundacionais firmaron a acta constituinte da sociedade Galega de Medicina Interna, SOGAMI. Este ano celebra o seu 25º aniversario como unha organización ben consolidada, con máis de 360 socios na actualidade, que representan máis do 90 por cento da especialidade en Galicia.

A SOGAMI é unha asociación sen ánimo de lucro que promove o desarrollo da Medicina Interna, tanto nos seus aspectos clínicos e docentes como experimentais, no ámbito territorial galego. Desde o seu comezo un dos principais retos é o de ser un nexo entre os médicos internistas e os últimos progresos nas distintas especialidades médicas.

A sociedade quere potenciar a súa identidade como canalizadora do sentir da medicina interna, fortalecer a súa imaxe corporativa e colaborar no desenvolvemento da especialidade co resto de sociedades de medicina interna doutros ámbitos territoriais.

Son obxectivos principais da sociedade a formación dos socios, especialmente a dos máis novos, polo que promove foros de debate, reunións, programas de formación e actualizacións, becas e intercambios cos centros hospitalarios nacionais e internacionais. Fomentar a comunicación e o intercambio de información entre os internistas da nosa comunidade autónoma e cos especialistas do resto do mundo.

A SOGAMI quere destacar a importancia da especialidade no coidado dos pacientes nun mundo de crecente especialización e implícase para contribuír á mellora da medicina interna e das ciencias da saúde.
SOGAMI Sociedade Galega de Medicina Interna | www.meiga.info