A medicina interna é unha das especialidades máis completas e versátiles da medicina. A excelente preparación do internista capacítao para tratar una gran variedade de enfermidades: do sistema nervioso central, infartos cerebrais, insuficiencia cardíaca, patoloxías crónicas, diabetes, tiroides, gastrite, insuficiencia renal, linfomas, anemia, enfermidades infecciosas, pluripatoloxías, doenzas que afectan a varios organismos do corpo... entre outras.
Debido a esta versatilidade son os expertos a quen recorren o resto de especialistas para a atención de enfermos complexos, cuxo diagnóstico é difícil ou ben se atopa afecto de varias enfermidades ou presenta síntomas de varios órganos, aparatos ou sistemas do organismo.
En moitos sanatorios poden faltar médicos dalgunhas especialidades, pero sempre haberá un especialista en medicina interna, pois teñen capacidade para resolver a maioría dos casos. Sen embargo, non é unha especialidade exclusivamente hospitalaria. O seu campo de actuación esténdese á atención ambulatoria nas consultas externas de hospital ou consultas específicas nos Centros de Saúde.
A formación de alto nivel que posúen convértenos en especialistas moi eficientes, incluso en termos económicos. Están especialmente dotados para o diagnóstico e nos casos de enfermidades máis prevalentes, pero tamén para a investigación e para a resolución práctica das patoloxías.
Nos últimos tempos a medicina interna vivíu momentos confusos debido a subespecialización da especialidade. Os internistas cren que este tipo de medicina de superespecialización pode supoñer nalgúns casos unha inadecuada asistencia sanitaria. O enfermo pode entrar en áreas determinadas e estar magnificamente estudiado con diferentes historias, pero sen un proceso de integración de todos os coñecementos, sen unha visión xeral do paciente.
Con todo, a medicina interna segue sendo a columna vertebral da asistencia sanitaria, é a única especialidade que contempla ao paciente cunha visión global e integradora.
|