Director: Ramón Rabuñal Rey
Directores adxuntos: José Luís Díaz Díaz e Rafael Monte Secades
Historia e antecedentes de Galicia Clínica
Fundada en 1929 polo Dr. Aurelio Gutiérrez Moyano, a revista Galicia Clínica, constituíu un órgano científico rapidamente acreditado pola calidade dos traballos publicados. Personalidades como Hernando, Marañón, Pedro-Pons, Bañuelos, Rof-Carballo, Egas-Moniz, entre outros, colaboraron nos primeiros anos de edición. O seu carácter multidisciplinar converteu as súas páxinas nun foro aberto ás diferentes especialidades clínicas e aos médicos tanto galegos como foráneos.
O Dr. Aurelio Gutiérrez Moyano dirixiu a revista durante 41 anos, ata o seu falecemento en febreiro de 1971, editándose sen interrupción incluso durante períodos tan dramáticos como o da Guerra Civil Española. Nesta época a revista afianzouse entre os médicos galegos, e incluso mantivo presenza en Iberoamérica. Posteriormente, o seu fillo, Luís Gutiérrez Moyano, continuou a súa labor mantendo a revista ata o seu falecemento. Nos últimos anos, por diversas causas, a revista declinou lentamente, publicándose o derradeiro número en 1996.
A revista, que chegou a decana española da prensa médica, foi a máis prestixiosa referencia da Medicina Galega durante 65 anos.
Nova etapa de Galicia Clínica
A SOGAMI, que tivo ao longo da súa historia unha estreita relación coa revista, sendo con frecuencia o soporte das súas publicacións, non dubidou en recuperala. Grazas á xenerosidade dos herdeiros do fundador, Dr. Aurelio Gutiérrez Moyano, a cabeceira rexistrouse como Revista Oficial da SOGAMI en 2007. Neste acordo inclúese tamén a cesión de todo o fondo editorial.
Desde que, no 2007, a SOGAMI adquiriu a cabeceira da revista, tense deseñado unha ampla remodelación na súa estrutura e presentación. Ademais incluíronse novas seccións co fin de adaptala aos novos tempos e facilitar o seu manexo por parte dos usuarios.
Unha das novidades máis destacables e o acceso a través da web. A SOGAMI asumiu o reto de conservar todo o fondo editorial da revista, desde o primeiro número publicado en 1929, nun arquivo dixital de acceso baldío que permita a todos achegarse aos seus contidos.
O primeiro número conta cunha tirada especial de 3000 exemplares, ademais da distribución habitual, entregarase aos participantes do XXIX Congreso da Sociedade Española de Medicina Interna, que se celebrará na Coruña en novembro.
Aínda que neste período, Galicia Clínica é a Revista Oficial da SOGAMI, queremos manter ese carácter aberto que xa se reflicte na composición dos Comités Editorial e Científico así como na política de colaboración con autores de diferentes especialidades e doutras comunidades autónomas. Aumenta o número de colaboradores e as normas de publicación baséanse en facer das páxinas da revista un foro aberto para todos os profesionais da medicina, con especial atención aos problemas prevalentes no noso territorio, Galicia.
Outros datos: distribución en papel e versión dixital
A publicación continuará alí onde se deixou, polo cal manterase a numeración correlativa, correspondendo este número 1 ao volume 69. Publicarase simultaneamente en papel e en edición dixital, www.galiciaclinica.info, para aumentar a súa difusión a través da rede.
Características da publicación
Revista de balde
Periodicidade: trimestral
Tirada: 1000 exemplares, 3000 para o primeiro número
Dimensións: Tamaño A-4
Impresión: 2 tintas , interior |cor, cubertas e publicidade
Idioma: galego, castelán, inglés e portugués
Ámbito territorial: Galicia e norte de Portugal
Páxinas: 48 interiores máis cubertas
Encadernación: Grampada
Comité Editorial
Luís Gutiérrez-Moyano Zimmermann
Mercese Gutiérrez-Moyano Zimmermann
Ricardo Fernández Rodríguez
Fernando Antonio De La Iglesia Martínez
María Del Pilar Rozas Lozano
José Antonio Díaz Peromingo
Emilio José Casariego Vales
Roberto Pérez Álvarez
Antonio Torre Carballada
Pascual Sesma Sánchez
José Domingo Pereira Andrade
Ovidio Fernández Álvarez
Fernando Diz-Lois Martínez
Pedro Mardomingo Varela
Albino Pérez Carnero
Manuel Noya García
Alfonso Castro Beiras
José Domingo Pereira Andrade
Melchor Álvares de Mon
Carlos González Guitián
Maria de los Ángeles Castro Iglesias
|
Comité Científico
Arturo González Quintela
Julio Montes Santiago
Antonio Pose Reino
Enrique Míguez Rey
Javier de la Fuente Aguado
Francisco Luís Lado Lado
Elena Fernández Bouza
Manuel Fernández Muinelo
Mercedes Bal Alvarado
Vicente Lorenzo Zúñiga
Isidro Rodríguez López
Arturo Carbarcos Ortiz de Barrón
María Dolores Suárez Sambade
Juan Antonio Garrido Sanjuán
María José García Pais
Rafael Monte Secades
José Masferrer Serra
Víctor Manuel López
|
|